miércoles, 6 de febrero de 2019

Sitios máis bonitos de Galicia

Galicia é un lugar fermoso, ten moito que ver e visitar: pobos, cidades, vilas, ríos... Pero sobre todo a maioría da xente tamén disfruta da súa gastronomía.

Empezaremos por Combarro, un pobo situado no municipio  de Poio a 7 km de Pontevedra, a capital da provincia. Combarro é un precioso pobo pesqueiro onde hai un montón de cruceiros e hórreos, a zona vella do pobo é moi bonita. Sen dúbida é un sitio perfecto para ir un domingo a comer coa familia e logo dar unha volta polo pobo. Ademais este pobo no ano 2017 foi elexido o 2º pobo máis fermoso de España superado por Guadalupe no concurso de Ferrero Rocher.











De seguido falaremos do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia formado polas illas  de Ons, Cíes, Cortegada e Sálvora que constitúen o 10º parque natural de España en nº de visitantes con 399.890 visitantes anuais.




Tamén é moi bonito ver as principais cidades: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Lugo, Ourense...Tamén as principais vilas: Monforte, Vilalba, Rianxo...
En galicia hai moito que ver coma os castros de Baroña ou Santa Tegra, o Canón do Sil ( a Ribeira Sacra en xeral), o cabo Finisterre...

No hay comentarios:

Publicar un comentario