Galicia é un lugar fermoso, ten moito que ver e visitar: pobos, cidades, vilas, ríos... Pero sobre todo a maioría da xente tamén disfruta da súa gastronomía.
Empezaremos por Combarro, un pobo situado no municipio de Poio a 7 km de Pontevedra, a capital da provincia. Combarro é un precioso pobo pesqueiro onde hai un montón de cruceiros e hórreos, a zona vella do pobo é moi bonita. Sen dúbida é un sitio perfecto para ir un domingo a comer coa familia e logo dar unha volta polo pobo. Ademais este pobo no ano 2017 foi elexido o 2º pobo máis fermoso de España superado por Guadalupe no concurso de Ferrero Rocher.
De seguido falaremos do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia formado polas illas de Ons, Cíes, Cortegada e Sálvora que constitúen o 10º parque natural de España en nº de visitantes con 399.890 visitantes anuais.
Tamén é moi bonito ver as principais cidades: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Lugo, Ourense...Tamén as principais vilas: Monforte, Vilalba, Rianxo...
En galicia hai moito que ver coma os castros de Baroña ou Santa Tegra, o Canón do Sil ( a Ribeira Sacra en xeral), o cabo Finisterre...
blog de Antón Fiel Varela
miércoles, 6 de febrero de 2019
miércoles, 23 de enero de 2019
Edimburgo
A capital de Escocia é un gran foco de turismo. A parte de de visitar a cidade en sí, merece moito a pena contratar unha excursión e ir visitar as Highlands onde se desenvolveu a guerra da Independencia de Escocia ante os ingleses con protagonismo do famoso personaxe William Wallace. Nas excursións soe ir incluida a visita ao Lago Ness do que todo o mundo coñece a sua lenda, Estas excursións adoitan custar uns 50 € por persoa, incluso algo menos e adoitan levar case o dia enteiro para mirar todo en profundidade, estas excursións adoitan ter guias en diferentes idiomas.
Despois de facer esta recomendación, falarei de lugares que visitar na cidade de Edimburgo: como a Royal Mile da cal colguei unha fotografía na presentación, que é a rúa máis importante da capital escocesa cunha lonxitude de 1814,2 metros.
Os amantes da saga de peliculas do famoso Harry Potter están de sorte xa que hay un tour pola cidade dunha duración aproximada de 2 horas e un precio de 13 € por persoa onde a famosa escritora J.K Rowling inspirouse en escribir os seus best-sellers incluído o bar onde os escribiu, no centro da cidade.
Outro sitio moi bonito de ver é o castelo de Edimburgo, un dos lugares máis emblemáticos da cidade atopado na colina de Castle Hill deleitando a xente cunhas preciosas vistas ao centro da cidade.
O Calton Hill é unha colina que ofrece as mellores vistas de Edimburgo nas que tanto de día como de noite pódese admirar a cidade en todo o seu esplendor.
miércoles, 16 de enero de 2019
Presentación
Bo día, chámome Antón Fiel Varela e vou facer este blog para falar sobre cidades, pobos e vilas que visitar e recomendar lugares aos que viaxar coa familia, amigos, parella...
Moi probablemente falarei de lugares que eu visitei ou sitios de boa atracción turística que me gustaría visitar nun futuro. Ao final de cada entrada tentarei de por un presuposto o máis barato posíbel no caso de que sexa algunha cidade extranxeira ou fora de Galicia.
Como adelanto as próximas entradas vou falar de lugares que visitar en Galicia, París que fun o pasado novembro, Edimburgo que o visitarei proximamente e algúns lugares que eu sei que a xente lle vai gustar visitalos.
Deixovos aquí unha foto da Royal Mile de Edimburgo.
Moi probablemente falarei de lugares que eu visitei ou sitios de boa atracción turística que me gustaría visitar nun futuro. Ao final de cada entrada tentarei de por un presuposto o máis barato posíbel no caso de que sexa algunha cidade extranxeira ou fora de Galicia.
Como adelanto as próximas entradas vou falar de lugares que visitar en Galicia, París que fun o pasado novembro, Edimburgo que o visitarei proximamente e algúns lugares que eu sei que a xente lle vai gustar visitalos.
Deixovos aquí unha foto da Royal Mile de Edimburgo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





